Boiro Cool Market
ZONA DE COMPRAS
Zona reservada para venta dos comercios locais na que teremos 15 puntos de venda de comerciantes locais coa mellor selección de artigos a prezos especiais.
Participan:
BALDANI, DEPORTES BRINCOS, DEPORTES HERMIDA, DROLIM, IMAN MODA, LA DOCE E CREATURAS, LOLITA KIDS, LOOKBOOKY, MI VESTIDOR AZUL, PACOS MODA, RULES, ZAPATERÍA DESCALCIÑOS E ZAPATERÍA LAURA.
A SUPERFICIE DE VENDA OCUPA 120 METROS CADRADOS.
ZONA PRESENTACIÓNS
Este é o valor engadido da feira. O que fai dela un acto único na comarca e posicionará á ABE e ao seu comercio na vangarda a nivel nacional deste tipo de iniciativas.
Este espazo de 30 metros cadrados conta con zona de presentacións con audio e vídeo, sonorización para concertos, barra para degustacións, zona infantil e zona da arte.
Presentacións relacionadas co sector téxtil e a moda.
Así na tarde do sábado abrirase este espazo coa presentación que falará da vinculación de Boiro co sector téxtil, de seguido a titulada sector téxtil patrimonio industrial galego coa proxección do vídeo realizado sobre o tema por chas fotografía e para finalizar a presentación sobre os 25 anos de vida da academia Marper, cuna da maioría dos novos talentos da moda boirense.
No tocante á tarde do domingo estarán todas relacionadas coa presentación de novos talentos Boirenses entre eles Diane Onlooker, Eva Outeiral e Poupé de Clhoé.
Zona gastro
Dentro do mesmo estará situado o espazo gastro no que realizaremos degustacións de vermú PETRONI por cortesía de esta marca e de vinoteca tucho (GRATIS) e pinchos de produción ecolóxica a cargo do foro ecolóxico de Boiro (1€).
O horario será sábado e domingo de 13:00 a 14:30 horas.
Zona concertos
Outro dos puntos diferenciadores do evento é a música, ademais da ambientación musical que teremos, en BCM haberá dúas actuacións en directo.
Sons de Boiro co seu tributo ao POP ROCK español actuará o venres ás 20:30 horas.
E Miguel Angel Iglesias coas súas magnificas covers actuará o sábado ás 20:30 horas.
Zona cativ@s.
Espazo adicado aos pequenos da casa con un montón de actividades.
O venres ás 19:00 hs. actuación de Anxo Moure e o seu espectáculo IMOS VESTIR UN CONTO.
Nas xornadas de sábado e domingo obradoiros a cargo do colectivo creaturas impartidos por A GATA MOSCOVITA, EN PUNTO, OLA BONECA E MEL CON LIMÓN.
Zona arte
Outro valor engadido e a zona arte, na que exporán e venderán a súa obra os artistas HAYA BLANCO, BRAIS RODRÍGUEZ E LUCIA ROMANÍ.
Seguindo coa arte, o domingo pola mañá temos MALOS RETRATOS POR UN EURO, actividade na que os artistas MARÍA MAGÁN, LUCIA ROMANÍ E LOLI REGUEIRA realizarán retratos aos visitantes por tan só 1 €.
Decoración do espazo
E como BCM é un evento que pretende ser diferente e único o espazo onde se desenvolve estará totalmente decorado cun estilo rústico vintage, traballo que vai desenvolver o estudo Boirense EN LAS NUBES.
BOIRO COOL MARKET, ABRIMOS VENRES 11 DE MARZO ÁS 17:00 HORAS.
ENTRADA E ACTIVIDADES GRATUÍTAS.
LOCAL ANEXO AO MERCADO DE BOIRO, BAIXO O CONCELLO.